Calculadora
Realice cálculos aritméticos, científicos ou financeiros
Calculadora é unha aplicación que resolve ecuacións matemáticas. Aínda que ao principio poida parecer unha calculadora simple con só operacións aritméticas básicas, pode cambiar o modo a Avanzado, Financeiro ou Programación para atopar un conxunto sorprendente de capacidades.
A calculadora Avanzada admite varias operacións, incluíndo: logaritmos, factoriais, funcións de trigonometría e hiperbólicas, módulos de división, números complexos, xeración de números aleatorios, factorización de números primos e conversión de unidades.
O modo Financeiro admite varias computacións, incluíndo taxas de intereses periódicos, valores presentes e futuros, depreciacións declinadas dobres e de liña recta e moitas outras.
O modo Programación admite a conversión entre as bases comúns (binaria, octal, decimal e hexadecimal), álxebra boolean, complementación a 0 e a 1, conversión de código carácter a carácter e moitas máis.
Involúcrese
Explorar a interface





Coñécenos
Máis información
Keywords
- Arithmetic
- Aritmético
- Calculadora
- Calculation
- Calculator
- Calculo
- Científico
- Financeiro
- Financial
- Linux
- Scientific
- Utility