Construtor

Un IDE para GNOME

O Construtor é un Contorno de Desenvolvemento Integrado desenvolto activamente para GNOME. Combina a asistencia integrada para as tecnoloxías esenciais de GNOME como GTK+, GLib e as APIs de GNOME con características que calquera desenvolvedor pode apreciar, como o realzado de sintaxe e os fragmentos.

Pode confiar nas publicacións preditivas de Builder con cada nova publicación de GNOME cada seis meses.

Características:

  • Construído con realzado de sintaxe para moitos idiomas
  • Editores de código un ao carón de outro
  • Compatibilidade con varios monitores
  • Minimapa de vista previa do código
  • Integración con Git
  • Integración con Autotools, Cargo, CMake, Gradle, Meson, Maven, Make, PHPize e Waf
  • Autocompletado baseado en Clan, realzado semántico e diagnósticos
  • Autocompletado baseado en Python, realzado semántico e diagnósticos
  • Autocompletado baseado en Vala e diagnósticos
  • Compatibilidade de autosangrado para C, Python, Vala e XML
  • Vista previa en vivo para HTML, Markdown, reStructuredText e Sphinx
  • Editado opcional de estilo Vim, Emacs e Sublime Text
  • Un perfilador de software integrado para aplicacións nativas
  • Un perfilador integrado para aplicacións nativas
  • Compatibilidade para construír con ambientes de execución jhbuild e flatpak
  • Compatibilidade para ver os TODO atopados no código
  • Busca de texto difusa rápida nos ficheiros e símbolos

Involúcrese

Explorar a interface

Coñecernos

Máis información

Saber máis

Visite a páxina de axuda en liña para esta aplicación.

Páxina web do proxecto

Visite a páxina do proxecto adicada a este proxecto.

Publicación máis recente

Última versión 41.2 publicada o 16 de novembro de 2021.

A aplicación está traducida

A aplicación está traducida ao seu idioma.