Calculadora de GNOME

Realice cálculos aritméticos, científicos ou financeiros

A Calculador ade GNOME é unha aplicación que resolve ecuacións matemáticas. Aínda que ao principio poida parecer unha calculadora simple con só operacións aritméticas básicas, pode cambiar o modo a Avanzado, Financeiro ou Programación para atopar un conxunto sorprendente de capacidades.

A calculadora Avanzada admite varias operacións, incluíndo: logaritmos, factoriais, funcións de trigonometría e hiperbólicas, módulos de división, números complexos, xeración de números aleatorios, factorización de números primos e conversión de unidades.

O modo Financeiro admite varias computacións, incluíndo taxas de intereses periódicos, valores presentes e futuros, depreciacións declinadas dobres e de liña recta e moitas outras.

O modo Programación admite a conversión entre as bases comúns (binaria, octal, decimal e hexadecimal), álxebra boolean, complementación a 0 e a 1, conversión de código carácter a carácter e moitas máis.

Involúcrese

Explorar a interface

Coñecernos

Máis información

Saber máis

Visite a páxina de axuda en liña para esta aplicación.

Páxina web do proxecto

Visite a páxina do proxecto adicada a este proxecto.

Publicación máis recente

Última versión 41.0 publicada o 18 de setembro de 2021.

A aplicación está traducida

A aplicación está traducida ao seu idioma.