Captura de pantalla

Gardar imaxes da súa pantalla ou de xanelas individuais

Captura de pantalla é unha utilidade sinxela que lle permite sacar imaxes da pantalla do seu computador. As capturar poden ser de toda a pantalla, dunha aplicación específica ou un área rectangular seleccionada. Tamén pode copiar as capturas feitas directamente no portapapeis de GNOME e pegalo noutras aplicacións.

Captura de pantalla permítelle tomar capturas de pantalla incluso cando non está aberta: simplemente prema a tecla ImpPan no seu teclado e realizarase unha captura de pantalla de toda a súa pantalla e gardarao no cartafol Imaxes. Manteña a tecla Alt ao premer ImpPan para obter unha captura da pantalla seleccionada actualmente.

Involúcrese

Explorar a interface

Coñecernos

Máis información

Páxina web do proxecto

Visite a páxina do proxecto adicada a este proxecto.

Publicación máis recente

Última versión 41.0 publicada o 13 de novembro de 2021.

A aplicación está traducida

A aplicación está traducida ao seu idioma.